Rede de aceleradoras de economía social
para impulsar e consolidar empresas en novas economías emerxentes
Que é ES-Factory?
ES-Factory é unha rede de aceleradoras dedicada a impulsar e consolidar empresas no ámbito da economía social en Galicia e o Norte de Portugal. O noso obxectivo é fomentar a profesionalización do ecosistema emprendedor e atraer e reter talento nesta rexión transfronteiriza.
Obxectivos
Detectar novas oportunidades e liñas de negocio
en actividades emerxentes de Galicia e o Norte de Portugal que fomenten a retención e atracción de talento emprendedor.
Fomentar a profesionalización
do ecosistema emprendedor e potenciar, atraer e reter talento no territorio transfronteirizo.

Impulsar Aceleradoras de Economía Social Transfronteiriza
con accións formativas, para incrementar as capacidades e habilidades das persoas da área de cooperación, programas de asesoramento e acompañamento e espazos de encontro e investimento.
Identificar e promocionar o peso da economía social
a través do Observatorio da Economía Social de Galicia e o Norte de Portugal.
Actividades técnicas
Unidade transfronteiriza
para a vinculación da economía social con outros ecosistemas emerxentes
Pilotos para a implantación de novas metodoloxías
sistemas de testeo e desenvolvemento de cooperativas de plataformas dixitais
Rede de aceleradoras transfronteirizas ES-Factory
para a creación e consolidación de proxectos de economía social
Desenvolvemento do observatorio da economía social
e impulso da valorización e visibilización
Actividades transversais
Coordinación + Visibilidade, transparencia e comunicación
Os nosos Socios
O proxecto ES-Factory conta coa colaboración de entidades destacadas en Galicia e o Norte de Portugal, que xogan un papel crave na promoción da economía social e a xeración de emprego de calidade.