{"id":5175,"date":"2026-04-15T12:00:25","date_gmt":"2026-04-15T10:00:25","guid":{"rendered":"https:\/\/es-factory.eu\/la-xunta-destaca-los-avances-alcanzados-por-los-proyectos-participantes-en-la-aceleradora-de-economia-social-que-acogio-el-polo-de-emprendimiento-de-vilanova\/"},"modified":"2026-04-16T12:50:59","modified_gmt":"2026-04-16T10:50:59","slug":"la-xunta-destaca-los-avances-alcanzados-por-los-proyectos-participantes-en-la-aceleradora-de-economia-social-que-acogio-el-polo-de-emprendimiento-de-vilanova","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/es-factory.eu\/gl\/la-xunta-destaca-los-avances-alcanzados-por-los-proyectos-participantes-en-la-aceleradora-de-economia-social-que-acogio-el-polo-de-emprendimiento-de-vilanova\/","title":{"rendered":"A Xunta destaca os avances acadados polos proxectos participantes na aceleradora de econom\u00eda social que acolleu o Polo de emprendemento de Vilanova"},"content":{"rendered":"<p>A <strong>directora xeral de Traballo Aut\u00f3nomo e Econom\u00eda Social<\/strong>, Marta Mari\u00f1o, visitou hoxe o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Vilanova de Arousa, onde participou no <strong>Demoday<\/strong> da <strong>aceleradora de econom\u00eda social Xunta Impulsa<\/strong>, que acolleu precisamente o Polo arous\u00e1n. Tr\u00e1tase dunha iniciativa de formaci\u00f3n e asesoramento que se completou con sesi\u00f3ns de mentor\u00eda especializada dentro do <strong>proxecto transfronteirizo ES-Factory,<\/strong> de cooperaci\u00f3n Galicia\u2013Norte de Portugal e cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do <strong>programa Interreg VI A Espa\u00f1a \u2013 Portugal (POCTEP) 2021-2027<\/strong>.<\/p>\n<p>Destacando a variedade das iniciativas participantes que hoxe presentan os seus proxectos ante un xurado, Mari\u00f1o sinalou que proceden de toda Galicia e que predominan as do \u00e1mbito educativo ou cultural, as\u00ed como as que dan protagonismo ao rural e \u00e1 natureza no campo da produci\u00f3n agroalimentaria, da gastronom\u00eda, do ocio ou da cosm\u00e9tica. Tam\u00e9n est\u00e1 representado o eido do deporte, o do benestar ou o sector TIC.<\/p>\n<p>Segundo a directora xeral, a aceleradora de econom\u00eda social desenvolveuse tanto con sesi\u00f3ns presenciais no Polo de emprendemento de Vilanova de Arousa como con outras telem\u00e1ticas, para culminar hoxe neste acto final de posta en valor das iniciativas e dos avances acadados grazas \u00e1s sinerx\u00edas xeradas entre as distintas persoas participantes, co fin de consolidar a f\u00f3rmula da econom\u00eda social como xeradora de emprego e actividade econ\u00f3mica pegados ao territorio.<\/p>\n<h3>Balance do Polo de Vilanova<\/h3>\n<p>A representante auton\u00f3mica aproveitou a visita para po\u00f1er de relevo o labor do Polo vilanov\u00e9s, salientando que, desde a s\u00faa posta en marcha en novembro de 2024, ten atendido uns 340 proxectos e promovido a creaci\u00f3n de preto dunha trintena de empresas.<\/p>\n<p>As\u00ed, o equipo t\u00e9cnico do centro vilanov\u00e9s realizou m\u00e1is de 870 sesi\u00f3ns de titor\u00eda gratu\u00edtas e individualizadas co gallo de dar resposta \u00e1s persoas emprendedoras que acudiron \u00e1s instalaci\u00f3ns (un 56 % delas, mulleres), adapt\u00e1ndose \u00e1s fases concretas dos seus proxectos.<\/p>\n<p>Por sectores, destacan as actividades administrativas e servizos auxiliares (18 %), seguidas dos servizos (14 %) e das actividades art\u00edsticas e de entretenemento (14 %). Canto \u00e1s actividades, o Polo de Vilanova ten organizado m\u00e1is de 70, entre reuni\u00f3ns con entidades do territorio, acci\u00f3ns de formaci\u00f3n e eventos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A directora xeral de Traballo Aut\u00f3nomo e Econom\u00eda Social, Marta Mari\u00f1o, visitou hoxe o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Vilanova de Arousa, onde participou no Demoday da aceleradora de econom\u00eda social Xunta Impulsa, que acolleu precisamente o Polo arous\u00e1n. Tr\u00e1tase dunha iniciativa de formaci\u00f3n e asesoramento que se completou con sesi\u00f3ns de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":5168,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-5175","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/es-factory.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5175","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/es-factory.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/es-factory.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/es-factory.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/es-factory.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5175"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/es-factory.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5175\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":5177,"href":"https:\/\/es-factory.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5175\/revisions\/5177"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/es-factory.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5168"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/es-factory.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5175"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/es-factory.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5175"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/es-factory.eu\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5175"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}