Rede de aceleradoras
A Rede de Aceleradoras de ES-Factory ofrece un programa de alto rendemento que combina formación, mentoría, asesoramento e apoio na procura de financiamento. Está deseñada para impulsar proxectos en distintas fases de desenvolvemento e favorecer a creación de iniciativas innovadoras con impacto social.
Que é a Rede de Aceleradoras ES-Factory?
É un programa de alto rendemento de máis de 4 meses que combina formación, tutorización, mentoría e apoio na procura de financiamento para acelerar proxectos de economía social.
Para o desenvolvemento deste programa realizaranse cinco convocatorias distribuídas en diferentes espazos temporais para o impulso de proxectos que se atopan en fase semente, crecemento e constitución, transformación ou mesmos procesos de innovación que necesiten un impulso.
Xunta Impulsa
Ver máisEspazoCoop Impulsa
Convocatoria pechadaUSC Impulsa
Convocatoria pechadaTecMinho Impulsa
Convocatoria pechadaObxectivos?
01.
A detección de ideas empresariais e novas liñas de negocio enmarcadas nas distintas economías emerxentes (verde, azul, laranxa, amarela e prateada)
02.
Fomentar o emprendemento a través do coñecemento e a experiencia reais.
03.
Garantir o éxito do desenvolvemento das actividades.
04.
Avaliar, medir e formar ás persoas emprendedoras.
05.
Identificar sinerxías de proxectos e fomentar o networking.
A quen vai dirixido?
Emprendedores en Economía Social
Persoas emprendedoras con ideas de negocio e proxectos en fase semente de economía social
Proxectos en Crecemento
Proxectos de economía social xa creados que buscan consolidarse e escalar
Transforma a túa Empresa
Empresas que queiran transformar o seu modelo en economía social
Innovación en Economía Social
Entidades de economía social en busca de innovación e crecemento