Política de privacidade

En ES-Factory comprometémonos a protexer a privacidade das persoas usuarias. Nesta sección infórmase sobre como recompilamos, utilizamos e protexemos os datos persoais conforme á normativa vixente en materia de protección de datos.

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos, Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 (RXPD-GDPR) e da Lei orgánica 3/2018 do 5 de decembro, de protección de datos e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), ofrecémoslle a seguinte información adicional sobre o tratamento que realizamos dos datos persoais.

RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS DATOS PERSOAIS

A responsabilidade do tratamento recae sobre o órgano ou a entidade que determina os fins e os medios do tratamento dos datos persoais. No ámbito da Xunta de Galicia, con carácter xeral, serían as secretarías xerais técnicas das consellerías, da Presidencia e da Vicepresidencia. No caso de entidades instrumentais do sector público autonómico con personalidade xurídica propia, a responsabilidade estaría nas mans da dirección da entidade. As persoas usuarias deste portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo a forma en que poden exercer os seus dereitos, o contacto coas delegadas e delegados de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: Información sobre protección de datos persoais (https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos).

TRATAMENTO DE DATOS

CON QUE FINALIDADE TRATAMOS OS SEUS DATOS PERSOAIS?

Tratamos os datos persoais que nos facilite para a xestión das súas consultas, principalmente, a través do formulario web. Tamén podemos tratalos para o envío de información ou o anuncio de eventos de interese vinculados coa temática do proxecto ES-Factory. A Xunta de Galicia comprométese a tratar con total confidencialidade e a aplicar as medidas de seguridade axeitadas, de tipo físico, técnico e organizativo, para a protección dos seus datos persoais. O tratamento quedará limitado polo tempo imprescindible para o cumprimento da súa finalidade e, en todo caso, polo período de duración do proxecto, ata agosto de 2022. Se decide cancelar os seus datos persoais, estes poderán conservarse nas nosas bases de datos durante os prazos previstos pola lexislación para poder cumprir coas obrigas fiscais e contables, e serán eliminados unha vez que estes prazos ou os que sexan de aplicación prescríban.

CAL É A LEXITIMACIÓN PARA O TRATAMENTO DOS SEUS DATOS?

A base legal para o tratamento dos seus datos é o consentimento que debe prestarnos para poder responder ás súas consultas e enviarlle información. Os datos proporcionados pola persoa interesada utilizaranse, con carácter único e exclusivo, para os fins previstos no procedemento ou actuación de que se trate. En ningún caso serán obxecto de tratamento ou cesión a terceiros, salvo co consentimento inequívoco da persoa afectada.

A QUE DESTINATARIOS SE COMUNICARÁN OS SEUS DATOS?

Non se van ceder os datos persoais a ningunha entidade, agás aqueles que sexan necesarios a organismos públicos por obriga legal. Cómpre sinalar que, no caso de utilizar Mailchimp, realizarase a transferencia internacional de datos que está amparada no Privacy Shield, en cumprimento coa normativa europea de protección de datos.

CALes SON OS SEUS DEREITOS CANDO NOS FACILITA OS DATOS?

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se na nosa organización estamos a tratar datos persoais que a afecten ou non. Así mesmo, as persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, se é o caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos. Para iso deberá facilitar unha fotocopia do seu documento nacional de identidade, pasaporte ou outro documento oficial válido e vixente que sirva como identificación. No caso de que decida exercer estes dereitos, debe facer constar na mencionada comunicación os datos respecto dos cales ten interese no acceso, rectificación, cancelación ou oposición. En determinadas circunstancias, as persoas interesadas poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, caso no que unicamente os conservaremos para o exercicio ou a defensa de reclamacións. En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, as persoas interesadas poderán opoñerse ao tratamento dos seus datos persoais. A nosa organización deixará de tratalos, salvo por motivos lexítimos imperiosos ou polo exercicio ou defensa de posibles reclamacións. As persoas interesadas tamén teñen dereito a solicitar a portabilidade dos seus datos persoais, que, cando sexa posible, poderán comunicarse directamente ao novo responsable. As persoas interesadas poden obter información adicional sobre os seus dereitos na páxina web da Axencia Española de Protección de Datos: www.agpd.es. Ademais, as persoas interesadas teñen dereito a interpoñer unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos na seguinte ligazón: https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/vistas/formQuejasSugerencias/seleccionarQuejaSugerencia.jsf

RESPONSABILIDADES E COMPROMISOS DA PERSOA USUARIA

A persoa usuaria garante que é maior de 14 anos e que a información facilitada é exacta e veraz, e comprométese a informar á Xunta de Galicia de calquera modificación da información que se lle solicitase, identificándose como usuaria do sitio web e concretando os datos que se modificasen. A persoa usuaria deberá manter en segredo as claves e os códigos de identificación, se é o caso, e informar á Xunta de Galicia en caso de perda, substracción ou acceso non autorizado, o máis axiña posible. A Xunta non se responsabilizará do uso indebido por terceiros non autorizados. No suposto de que, na execución dos servizos, lle sexan facilitados á Xunta de Galicia datos de carácter persoal de terceiros, a persoa usuaria garante que está facultada lexitimamente para facilitar os mencionados datos e que procedeu a informar á persoa interesada da cesión destes e a solicitar o seu consentimento, sendo responsable do incumprimento destas obrigas.

Contacta con ES-Factory

No dudes en ponerte en contacto con nosotros para resolver tus preguntas, recibir más información o explorar cómo podemos colaborar.