A Xunta impulsa a cooperación transfronteiriza para fortalecer a economía social e o emprendemento en Galicia e no norte de Portugal

3 de Xullo de 2024

Este proxecto, liderado pola Xunta, ten como obxectivo consolidar empresas en novas actividades emerxentes en Galicia e no norte de Portugal.

Na xornada de presentación participaron o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Marino. Pablo Fernández destacou a aposta do Goberno galego pola profesionalización do ecosistema emprendedor e a retención de talento. “A Xunta busca impulsar o emprendemento da man de todos os axentes implicados para crear actividade económica e emprego de calidade”, afirmou Fernández, destacando tamén o recente lanzamento do Polo de Sarria como parte da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.

Es-Factory, aprobado no marco do programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 e con apoio da Unión Europea, fomenta a cooperación transfronteiriza e promove a igualdade de oportunidades

Ademais, Fernández mencionou o Mapa de Emprendemento, unha plataforma virtual que integra o ecosistema emprendedor galego, e o proxecto piloto de coliving en colaboración coa asociación Sende en Lobeira, Ourense. Estas iniciativas contribuíron a que Galicia sexa recoñecida pola Unión Europea co premio Rexión Emprendedora Europea 2025.

Por outra banda, Marta Marino presentou o Observatorio da Economía Social de Galicia e do norte de Portugal, unha iniciativa do proxecto Es-Factory. “O observatorio ten como fin fortalecer e visibilizar a economía social en Galicia e no norte de Portugal, propiciando o intercambio de experiencias e coñecemento”, explicou Marino. Entre as accións do observatorio inclúese o deseño dun atlas de entidades de economía social e un directorio con información sobre novos sectores representativos.

Fonte da noticia:

Contacta con ES-Factory

No dudes en ponerte en contacto con nosotros para resolver tus preguntas, recibir más información o explorar cómo podemos colaborar.